Wikispecies:Sobreㅣ

This page is a translated version of the page Wikispecies:About and the translation is 92% complete.

Vexa tamén Wikispecies en Wikipedia

Motivación

Os profesionais da bioloxía que clasifican novas especies normalmente publican en revistas especializadas, o que ten provocada unha cantidade atafegante de información á que ninguén lle dá unha visión xeral. Mesmo os expertos en campos especializados moitas veces non se decatan de se unha especie xa foi rexistrada formalmente dúas, tres ou mesmo máis veces.

Por tanto, non se sabe cantas especies se coñecen — e isto é tan ridículo como soa. Non estamos a falar de todas as especies que existen no planeta — simplemente do número total de especies que xa foron rexistradas nas publicacións científicas.

Ninguén sabe cantas hai. O experto «A» podería pensar que se coñecen 17 000 anélidos, mais o experto «B» pensa que coñece uns 20 000. Isto débese a que non existe un proceso de rexistro centralizado ou unha base de datos ou directorio de referencia no que examinar a información existente sobre o estado actual do coñecemento sobre unha especie en particular.

Visión

Unha base de datos central e extensa para a taxonomía é o que Wikispecies debería devir: unha base de datos aberta e extensa para científicos e non científicos que reflicta a diversidade da vida no noso planeta Terra. Porque a vida é do dominio público!

Existe un número crecente de proxectos grandes, fundados pola ciencia, todos os cales pretenden atinxir máis ou menos o mesmo. Algúns exemplos inclúen O Catálogo da Vida, EoL, etc. etc. O problema principal é que a maioría destes proxectos non están abertos para editar, polo que os inevitábeis numerosos erros fican «encerrados» e difíciles de arranxar.

Colaboración

Se desexa engadir contido a Wikispecies mais non sabe como, consulte a nosa sección Axuda:Contido, na que explicamos o doado que é engadir datos a Wikispecies.

Questions about our policy regarding Wikispecies? See the Wikispecies:Charter which explains a bit more what this is about.